lunes, 28 de abril de 2025

Borrador da norma que estrutura e divide a oficina xudicial.

A DXX remitiunos un borrador da resolución que establece a estructura da oficina xudicial dos Tribunais de Instancia, pero non pretende negociar cos sindicatos esta norma tan importante. Todas as organizacións sindicais estivemos de acordo en esixirlle á DXX que negocie esta norma, porque modifica as condiccións de traballo dos funcionarios/as, e polo tanto, a lei esixe que teñen que ser negociadas.

O pasado mércores 23 de abril o Director Xeral negouse en rotundo a negociar esta norma e manifestou que pensa publicala no DOG proximamente sen escoitar aos funcionarios de xustiza, que somos os que máis nos veremos afectados por ela.

Entre os puntos máis destacados do borrrador de resolución, que divide as oficinas xudiciais, están os seguintes:

- Según esta norma, a oficina xudicial divídese en SERVIZOS COMÚNS (onde os haxa). Dentro dos servizos comúns poderá haber áreas e dentro das áreas equipos e grupos de traballo. É moi importante diferenciar que os servizos comúns e as áreas teñen carácter estructural, é dicir, son destinos indepedentes e pódese concursar a eles e, unha vez dentro dun servizo común ou área concreta, non nos poderán mover forzosamente a outra área ou a outro servizo común. Según o texto que nos pasaron os equipos son solo funcionais, non constituen centro de destino diferenciado, cousa que sí permite a Lei de Eficiencia, pero que  a Xunta se nega a establecer, e polo tanto non se reflicten nas RPTs, igual  que os grupos de traballo que solo teñen carácter funcional. O esquema, que preteenden cn esta borrador sería o seguinte:


-  O anexo do borrador da norma só establece a creación de áreas nos Tribunais de Instancia das 7 cidades (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago). No resto dos Tribunais de Instancia das Vilas só se crea o Servizo Común de Tramitación, onde ubican todos os funcionarios/as, excepto os destinados no Rexistro Civil. Nas sete cidades créanse tres servizos comúns: servizo común xeral, servizo común de tramitación e servizo común de execución.

- O borrador establece as funcións de cada Servizo común. As funcións de cada corpo seguen a ser as que establece a Lei Orgánica do Poder Xudicial.

A Lei de Eficiencia permite que se estableza na normativa que determina a estrutura da oficina xudicial, que os equipos que se creen teñan carácter estrutural, de xeito que eses equipos sexan centro de destino aos que concursar e, unha vez dentro dun equipo, o xefe do servizo común ou da área non nos poida mover a outro equipo con funcións e materias distintas.

                             Modelos organizativos da oficina nova xudicial.

Os modelos de organización da oficina xudicial aplicables aos partidos xudiciais en Galicia según este borrador, son:

- MODELO 1.  Oficina xudicial integrada, exclusivamente, polo servizo común de tramitación, que asumirá a totalidade das funcións procesuais e administrativas.

- MODELO 2. Oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de tramitación do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución. Ademais, segundo os casos, podería completarse co servizo común de tramitación da audiencia provincial e co servizo común de tramitación do Tribunal Superior Xustiza. Así, dentro deste modelo pódense dar as seguintes variantes:

            Modelo 2.1. Modelo base de oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de tramitación do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución. Non se considera a división en áreas destes servizos comúns.

           Modelo 2.2. Modelo de oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de tramitación do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución. Ademais, o modelo complétase co servizo común de tramitación da audiencia provincial nos partidos xudiciais que teñen a súa sede en capitais de provincia e nas localidades nas que se constituíran seccións da mesma con base no artigo 80.2 da LOPX. Á súa vez, este modelo pódese estruturar tamén do seguinte modo:

Modelo 2.2.1. Cunha estrutura interna na que se identifican as seguintes áreas:

- No servizo común xeral:

1. Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.

2. Unha área de actos de comunicación.

- No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:

1. Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia, infancia e capacidade; e mercantil.

2. Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal).

- No servizo común de execución:

1. Unha área civil;  social; contencioso-administrativa; de familia, infancia e capacidade e mercantil.

2. Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás, no seu caso, a vixilancia penitenciaria).

Modelo 2.2.2. Cunha estrutura interna na que se identifican as seguintes áreas:

- No servizo común xeral:

1. Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.

2. Unha área de actos de comunicación.

- No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:

1. Área penal (instrución, violencia sobre a muller; violencia contra a infancia e a adolescencia; penal; menores; e, no seu caso, vixilancia penitenciaria).

2. Área civil, familia, infancia e capacidade e mercantil.

3. Área social e contencioso-administrativa.

- No servizo común de execución:

1. Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia, infancia e capacidade; e mercantil.

2. Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás, no seu caso, a vixilancia penitenciaria).

Modelo 2.3. Modelo de oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de tramitación do Tribunal Superior de Xustiza, polo servizo común de tramitación da audiencia provincial, polo servizo común de tramitación do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución.

Á súa vez, este modelo pódese estruturar tamén do seguinte modo:

- No servizo común xeral:

1. Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.

2. Unha área de actos de comunicación.

- No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:

1. Área penal (instrución, violencia sobre a muller; violencia contra a infancia e a adolescencia; penal; menores; e vixilancia penitenciaria).

2. Área civil, familia, infancia e capacidade e mercantil.

3. Área social e contencioso-administrativa.

- No servizo común de execución:

1. Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia, infancia e capacidade; e mercantil.

2. Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás vixilancia penitenciaria).

ESQUEMAS COA ESTRUTURA DE CADA UNHA DAS SETE CIDADES GALEGAS.









STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras