A DXX acábanos de convocar á mesa sectorial de xustiza prevista para o próximo 1 de abril, ás 11 h, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Proposta económica de incremento do CAT/CE como base dun Acordo para o desenvolvemento da nova oficina xudicial.
3. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza do municipio.
4. Negociación da proposta de RPT das oficinas xerais do rexistro civil. Fase I.
5. Negociación da proposta de RPT das oficinas de xustiza. Fase I.
6. Rogos e preguntas.
Dado que esta orde do día xa foi proposta en varias convocatorias de mesa sectorial (3 e 24 de marzo), infórmase de que feita a proposta económica, e a falta de chegar a un acordo definitivo, os puntos do día relacionados na convocatoria serán tratados na data prevista sen que unha falta de acordo do punto 2 poida servir de novo, para non acometer a preceptiva negociación das RPT (puntos 3, 4 e 5 da Orde do día).
Para facilitar a negociación das ditas RPT infórmase de que á proposta xa facilitada de RPT para as OXM, OXRC e OX da primeira fase, súmase unha versión 2 das ditas RPT unha vez oídos os representantes nas distintas comisión mixtas das que forma parte esta Dirección xeral. Os documentos V1 son os xa facilitados en convocatorias previas.
Esta segunda versión, a debater, introduce os seguintes cambios respecto da primeira proposta:
- Nas OXM os postos de auxilio xudicial formúlanse compatibles coa OX.
- Nas OXRC de 3 e 4 prazas xudiciais os postos de tramitación formúlanse compatibles coa OX.
- Detraense de cada unha das OX un posto do corpo de auxilio xudicial e súmanse ás OXRC como compatibles coa OX.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras