viernes, 28 de marzo de 2025

Recomendamos lectura. Xefaturas de equipo: requisitos de acceso e funcións de postos singularizados (xestión e auxilio)

No BOE de hoxe convócanse por concurso específico varios postos de xefatura de equipo para corpo de Xestión e Auxilio en varias localidades de Cataluña tanto para as Oficinas Xudiciais dos Tribunais de Instancia como para as oficinas de Rexistro Civil detallando as funcións,  requisitos de acceso e os méritos que se valoran.

Dende STAJ recomendamos a súa lectura para entender como se fai un proceso de acoplamento de xefaturas de equipo (tanto para para pobos como para os partidos xudiciais máis grandes na Fase III) e que requisitos,  funcións e méritos  se valoran.

Ao tratarse dun proceso de acoplamento, poden participar os funcionarios de carreira de xestión e auxilio con destino definitivo ou con reserva do posto de traballo en órganos xudiciais das localidades de Valls, Santa Coloma de Farners, Martorell, Vic, Sant Feliu de Llobregat, Rubí y Gavà. Non hai un tempo mínimo de servizos prestados para participar neste concurso específico.

Accede aquí á convocatoria