No día de hoxe celebrouse en Santiago de Compostela a mesa informativa de xustiza, coa orde do día seguinte:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- CAT/CE.
- Bolsa de persoal interino.
- Modificación da Regulación das comisións de servizo e das substitucións por sentenza xudicial.
- Lei orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza (LEO).
- Proceso de implantación do Novo Modelo organizativo en Galicia.
- Programa de obras e melloras en infraestruturas xudiciais.
- Creación de novas prazas de persoal funcionario nos orzamentos de 2025.
- Teletraballo.
- Estado das convocatorias de prazas de acceso libre e promoción interna. Concurso de traslados.
- Nova convocatoria 2025 da traxectoria profesional.
- Proposta de protocolo de acoso sexual.
- Rogos e preguntas.
Por parte do Director Xeral informouse o seguinte:
Respecto o CAT: Agora si din ser proclives a estudiar unha subida do mesmo, sin especificar en base a qué instrumento, nin en que contía, neste punto STAJ pediu, coma xa fixemos en varias ocasións unha subida a través dun Acordo como xa se está a facer noutras Comunidades Autonomas. Consideramos, ao igual que ouro sindicatos, que no momento de negociar as Rpts se inclúa xa a nova contía no CAT, polo que esa negociación debe ser anterior .
Respecto a bolsa de persoal interino: En principio o Director Xeral da por negociada a nova bolsa de interinos, co novidade de que estaría disposto a quitar o punto referido ós catro meses de penalización, podendo voltar a posición unha vez completado o ano de traballo. STAJ pediu unha maior disposición á negociación desta normativa, que se contemple máis melloras no texto, esperando dende STAJ unha nova mesa para a negociación real.
Respecto á normativa de comisións e substitucións: O Director Xeral informanos que se presentou demanda de execución ante o TSXG por considerar que se estaba a burlar a sentenza recente sobre as comisións, e que en base á posible resolución do incidente de execución, teríase que abordar unha reforma das mesmas, neste punto STAJ manifestou a súa magoa, ao entender que funcionan ben, e a normativa e mesma que hai noutras Comunidades Autónomas onde no se recurriu por ninguén.
Esa resolución xudicia podería establecer que as substitución foran preferentes as comisións de servizo sexa cal sexa o motivo da provisión temporal da praza. A DXX manifestou que ata que chegue a sentencia sobre o incidente non haberá cambio ningún.
Ley de eficiencia: En primeiro lugar vaise abordar a negociación dos cambios nas oficinas municipais, actuales xulgados de paz; inmediatamente despois as dos partidos xudiciais donde só haxa un só xulgado, logo dous, despois os que teñan tres e os que teñan catro xulgados, isto dentro da primeira fase.
O acoplamento en Galicia ao non existir a nova oficina xudicial non se pode levar a cabo do meso xeito que nos localiades que xa están coa NOJ, polo que faríase en base a unha reordenación de efectivos, primando a voluntariedade seguido nunha reasignación forzosa, onde co anormaativa acual primaría a antigüidade no centro de destino.
Respecto á obriga de negociar as RPTS cos Sindiciatos, lembramos que É FRUTO DO ACORDO DE STAJ CO MINISTERIO, xa que nun principio esas RPTS íbanse crear sen ningún tipo de negociación.
Informannos que ca reorganización ou reordenación de efectivos pretenden un trasbase de persoal dende determinadas xurisdiccións a outras que consideran teñen máis necesidade, primando sempre a voluntariedade tanto para ir a un novo destino como permanecer no posto antiguo, e solo en caso de reasignación forzosa teriase en conta a antiguidade no posto.
Respecto dos programas informáticos: vai seguir o programa Minerva, pero que o novo programa, chamado ATENEA e que xa está moi avanzado, en breve o porían a disposición da Xunta para comezar polos actuais xulgados de paz para logo implantalo no resto dos xulgados.
Creación de novas prazas de persoal funcionario nos orzamentos de 2025: O Director Xeral informa que queren crear de forma inminente, xa están presupuestadas, 22 novas prazas aínda non distribuídas en corpos, e que en breve pasaránnos unha distribución das mesmas para facer alegacións sobre esas prazas, dado que non sabemos en qué corpos nin en qué xulgados ou servizos os queren crear.
Teletraballo: Unha vez publicada a normativa básica, haberá unha conferencia sectorial o día 3 e o 4 de abril para crear un acordo marco entre tódaslas Comunidades Autónomas para logo negociar, en base a ese texo, xa cada un no seu territorio a nova normativa de teletraballo, STAJ pediu que esa negociación tiver lugar o antes posible e sen demaro.
Traxectoria: O borrador que nos pasaron foi elaborado pola DXX sen contar co visto e prace de Función Pública nin de Facenda, que pode sufrir cambios si Función Pública ou Facenda non estivese disposta a asumir ese borrador, pero que nunca será antes da publicación do acordo da Xunta, que aínda non está nin negociado.
Proposta de protocolo de acoso sexual: A DXX está dacordo en afrontalo pronto coas alegaciones feitas, e que en breve xa se poderá convocar un grupo de traballo para sacar un acordo nese sentido para acoller ese protocolo.
Plan de formación: Realizarase a formación necesaria para todos os funcionarios/as para formalos no novo sistema informático ATENEA e formalos nas novas funcións relacionados cos novos destinos dos tribunais de instancia nas distintas localidades.
Compatibilidade de funcións nos postos de rexistro civil e oficina de xustiza no municipio: Negociaranse tamén as RPTS do Rexistro Civil, a maioría deses postos de traballo salvo os exclusivos, serán compatibles con funcions de tramitación que lle derive o tribunal de instancia o seu partido Judicial, igual compatibilidade teran os funcionarios/as que traballen nas oficinas municipais de xustiza, actuais xulgados de paz, aínda que estan por determinar xa ue debe ser algo que se regule a nivel nacional
Xulgados de violencia de xénero: Coa nova lei, levarán tamén en exclusiva as agresións sexuais, o que suporá nestes xulgados un aumento do 9% da entrada de expedientes sobre a entrada traballo actual, pero supondo unha carga de traballo moito maior que ese 9%, STAJ pedíulles que se reforcen eses xulgados, incluso que se creen novos xulgados de Violencia.
Rogos e preguntas:
Respecto ós ordenadores portátiles: Mandarán unha comunicación a Amtega co fin de que terminen de repartilos.
Líneas telefónicas: Néganse a poñer novas liñas, que xa hai unha línea cada dous funcionarios, e sí que se comprometen a poñer teléfonos inalámbricas.
Respecto ós reforzos: Que están paralizados ata que non se dexignen as novas Rpts que veeñen cos Tribunais de Instancia, salvo reforzos considerados urxentes, non informando de si os solicitados para o Decanato da Coruña para as labores de videoconferencias, entre outros os califican de urxente.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras