lunes, 21 de octubre de 2024

EGAP: CORRECCIÓN DE ERROS. O webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois.

Hoxe publícase no DOG a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de outubro de 2024 pola que se convoca o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois.

Advertido un erro na Resolución do 8 de outubro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 201, do 17 de outubro de 2024, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 55040, no RESOLVO, onde di:

«Convocar, no marco do Ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento, o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois, de acordo coas bases que se indican a continuación:»

Debe dicir:

«Convocar, no marco do Ciclo de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois, de acordo coas bases que se indican a continuación:»


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras