No día de hoxe publícase a Resolución da DXX, pola que se convoca provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de Xustiza.
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico disponible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidad eco artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras