viernes, 19 de julio de 2024

Xestión Procesual (quenda libre 2022): Relación de prazas ofertadas persoas aprobadas

No día de hoxe faise publica tanto no DOG a RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, asi mesmo faise publica no BOE Orden PJC/741/2024, de 8 de julio, por la que se publica la relación de plazas correspondientes al ámbito del Ministerio de la Presidencia, Justicia y Relaciones con las Cortes

Primeiro: Orde alfabética de localidades, a relación de prazas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I) que se lles ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso (quenda libre). 

Segundo: As solicitudes de destino deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no BOE segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente. 

Terceiro: As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:
a) No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados, indicando o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel. 

No ámbito Ministerio: Todas as solicitudes confeccionaranse de forma telemática a través do asistente de inscripción: (VER BOE)

https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co ncurso_gestion_co#

Unha vez que entren en dita páxina premarán no enlace que aparece na mesma co nome “G.T.A. Concurso de traslados”, entrarán no Asistente de Inscripción e o sistema lles guiará na confección da solicitude seguindo as instruccions que se lles irá indicando, debendo consultar o Manual del Asistente de Inscripción Web publicado en dicha páxina, e si teñen algunha dubida poderán escribir ao correo asistenciaconcursos@mju.es.
Previamente á entrada no Asistente de Inscripción, deberán identificarse electrónicamente por algun dos sistemas que ofrece a plataforma Cl@ve: 

  •  DNI electrónico. 
  •  Certificado digital. 
  •  Cl@ve Pin 24 h. 
  •  Cl@ve permanente

b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida. 

c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia, por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no BOE. 

Cuarto: Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas. 

Quinto: A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Sexto: Os destinos adxudicados, nas prazas que teñen a consideración de tipo de adxudicación definitiva, conforme se detalla no anexo I, terán carácter definitivo equivalente, para todos os efectos, aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos, atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da LOPX. O destino adxudicado do resto das prazas con consideración de tipo de adxudicación provisional terá un carácter provisional, polo que as persoas ás cales se lles adxudiquen deberán participar no ámbito territorial da provincia onde radique a praza onde se adscriba de forma provisional, no primeiro concurso de traslados que se convoque

Prazas ofertadas ANEXO I para GALICIA

Prazas ofertadas doutros ámbitos territoriais:

   
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras