Publicase
no Dog de hoxe a RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión,
polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía
de Área de Vigo.
O
prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de
localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da
Comunidade Autónoma.
O
prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do
cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da
publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial
de Galicia.
No
caso de que a dita publicación non se faga de forma simultánea en ambos, terase
en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.