As persoas traballadoras terán
dereito a un permiso parental, para o coidado de fillo, filla ou menor acollido
por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra oito anos.
Este permiso, que terá unha
duración non superior a oito semanas, continuas ou descontinuas, poderá gozarse
a tempo completo, ou en réxime de xornada a tempo parcial conforme ao
establecido regulamentariamente.
Este permiso constitúe un dereito individual
das persoas traballadoras, homes ou mulleres, sen que poida transferirse o seu
exercicio.
O próximo 2 de agosto vence o
prazo estipulado pola Directiva UE 2019/1158 para implementar a remuneración do
permiso parental. Por tanto, en cinco
días expira o prazo que puxo a Comisión en Europa para transpoñer a última
parte da directiva de conciliación que inclúe esta medida e todo apunta a que o
Goberno non vai cumprir.
Hai meses, o Goberno anunciou que
estaba a estudar a mellora do permiso parental, propoñendo 8 semanas
remuneradas por cada fillo ou filla a cargo.
Inicialmente, indicouse que 4
desas 8 semanas serían remuneradas a partir de agosto.
Se chega o 2 de agosto de 2024
sen que se produza ningún desenvolvemento regulamentario o permiso parental
quedaría ‘en espera’, sen saber se ten remuneración ou non., nin en que
condicions.
Lembrámosvos que en Galicia
pódese solicitar este permiso pero a Xunta, escudándose no anterior non
procederá a retribuir devanditas
semanas.