IMPOSICIÓN POR PARTE DO DXX NA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA
No día de onte os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial fomos convocados para pechar de maneira definitiva, e sen previa negociación, dous asuntos vitais para o persoal titular e interino:
a) Proposta de regulamento de vacacións, permisos e licenzas.
b) Bolsa que regula o chamamento de funcionarios interinos.
Ante esta situación, os sindicatos en unidade de acción decidimos non permitir máis desprezos aos traballadores e traballadoras e esixir unha negociación real. Por iso, antes da constitución da Mesa Sectorial de hoxe, solicitamos ao Director Xeral que transformara a Mesa Sectorial (decisoria), nunha mesa de traballo para negociar os permisos e licenzas e bolsa de persoal interino, xa que as posicións entre as dúas partes son moi distantes.
Os sindicatos ofrecemos a reconversión da mesa de hoxe para que fora de mesa de traballo, ben no mesmo día ou noutro, ou ben un compromiso de que se levarían a cabo mesas de traballo e negociación en vindeiros días, manifestando o DXXustiza, que non se podía comprometer.
A pesares do ofrecemento por parte dos Sindicatos a negociar nunha mesa de traballo, o Director Xeral decidiu negar tal posibilidade, deixando como única saída levantarnos sen constituír a Mesa Sectorial.
Esperamos que o Director Xeral convoque de novo aos/as Representantes sindicais para negociar de maneira real os puntos de vital importancia para tod@s @s traballador@s da Xustiza Galega e deixe a un lado as imposicións.
A negociación colectiva é a base legal dos traballadores e traballadoras ,e polo tanto debe prevalecer en calquera ámbito laboral.
Galicia 18 de xullo de 2024
Preme aquí para acceder ao comunicado en PDF