martes, 30 de julio de 2024

Erros na nómina de xullo para quen accedeu este ano 2024 aos graos I e II da Traxectoria Profesional

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de remitirnos o seguinte correo electrónico advertindo dos erros nestas nóminas:

A aquelas persoas ás que se recoñeceu o grao I ou o grao II na súa traxectoria profesional ao aberiro do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de febreiro de 2024, polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO., para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza na nómina de xullo, por erro, imputóuselles o 100% do complemento retributivo asociado a este concepto cando, segundo o establecido no artigo 1.3 do devandito acordo, na anualidade 2024 correspondería o 33% da contía correspondente. Na nómina do mes de agosto tramitaranse os oportunos descontos para regulizar a situación.
 
En conclusión, as persoas que accederon á Traxectoria Profesional no ano 2024 (graos I e II) cobraron na nómina de xullo o 100% do grao que lle correspondería (abonáronse os meses de abril, maio, xuño e xullo), cando en realidade lles corresponde o 33% desa cantidade cada mes.
 
Os descontos para regularizar a situación practicaranse na nómina do mes de agosto. 
 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras