jueves, 25 de abril de 2024

Traxectoria profesional: STAJ solicita que se admitan as solicitudes das persoas con destino adxudicado en Galicia no concurso de traslados

STAJ acaba de presentar escrito dirixido á Dirección Xeral solicitando que, ante o novo retraso nos ceses e tomas de posesión das persoas que van obter destino nos órganos xudiciais de Galicia, estas persoas poidan presentar as súas instancias para ser incluidos no Grao I da Traxectoria Profesional dende o momento de publicación da adxudicación dos destinos no BOE e evitar un perxuízo  irreparable para estas persoas alleas aos retrasos inxustificados nos prazos de ceses e tomas de posesión derivados do concurso de traslados. 


O artigo 3 da Resolución que convoca o acceso ao grao I e II da Traxectoria profesional publicado no DOG do 5/04/2024 regula nos Requisitos de acceso o seguinte:  1. Poderá acceder a este réxime extraordinario o persoal incluído no artigo 2 que cumpra os seguintes requisitos: I. Grao extraordinario I: a) Estar en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza).

Dende STAJ consideramos que unha persoa que vén de outra Comunidade Autónoma e está publicado no BOE o seu destino de de forma definitiva nun órgano xudicial en Galicia cumpl¡re o requisito de reserva de praza na Comunidade Autónoma Galega e débese permitir que dende o momento en que se publique no BOE o seu destino adxudicado de forma definitiva poidan presentar e se acepte pola Dirección Xeral de Xustiza a solicitude de inclusión no Grao I da Traxectoria Profesional, con independencia de cando tomen posesión dentro do prazo concedido (8 días, 20 días ou un mes)

Por todo isto, SOLICITAMOS que a Dirección Xeral de Xustiza admita as solicitudes presentadas polo persoal que obtivo destino no concurso de traslados convocado no ano 2023 para a súa inclusión no Grao I da Traxectoria Profesional en Galicia dende a publicación no BOE do destino adxudicado en Galicia e ata a data de finalización de presentación de instancias a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de non ser posible presentala a través da OPAX.

Accede aquí ao escrito presentado

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras