viernes, 26 de abril de 2024

Concentración de delegados diante do Ministerio de Xustiza

Delegados de STAJ concentraronse onte en Madrid, xunto cos de CCOO e CIG, diante do Ministerio durante a reunión do grupo de traballo sobre a Lei de Eficiencia para que a negociación desta norma sexa real e non ficticia como ata agora parece.

Para que se regulen, se concreten e se recoñezan as nosas funcións e non sigamos realizando funcións que están encomendadas a outros corpos e que cobran eles, nin se nos poidan seguir delegando funcions que outros cobran. 

Por unhas retribucións acorde con esas funcións e a outras que teremos que asumir cos cambios que se preparan. Por unha subida do Compelmento Xeral do Posto.

Contra a mobilidade forzosa a perda de centros de destino que determinará a imposibilidade de elexir centro de traballo voluntariamente.

Ali estivemos varios delegados/as de STAJ Galicia, igual que estaremos mañá sábado na manifestación convocada.

Dixamos unha imaxe dos momentos previos ao comenzo da concentración.





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras