Hoxe
no DOG publícase a RESOLUCIÓN
do 5 de marzo de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola
que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua
galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento
PL500C).
Persoas
destinatarias.: As persoas
maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais
ou estranxeiras.
Datas
de realización das probas.:
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024,
sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas
serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na
páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Localidades
onde se van realizar as probas e niveis.: Santiago de Compostela e en Ponferrada.
Presentación
de solicitudes e prazo.:
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario
de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a
taxa correspondente, (16,92 euros para cada un dos niveis).
Prazo de presentación das solicitudes: quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.