Na intranet publícase as datas para para asistir á capacitación en liña "ACCEDA | Exceso de cabida en LexNET" para as fiscalías de menores con motivo da activación de ACCEDA-Xustiza nas ditas fiscalías, o cal permitirá recibir solicitudes telemáticas a través do formulario publicado nesta aplicación web cando o tamaño dos arquivos supere a capacidade máxima permitida por LexNET.
As solicitudes deberanse cubrir na intranet.
Planificación sesións en liña:
As sesións terán lugar en formato de videoaula en directo cunha duración de 1,5 horas.
DATA | HORA | ÓRGANOS | MODALIDADE |
---|---|---|---|
20/02/2024 | 12:00 h - 13:30 h | Fiscalías de menores | En liña en directo |
29/02/2024 | 10:00 h - 11:30 h | Fiscalías de menores | En liña en directo |
IMPORTANTE: A solicitude non garante a praza na sesión, pois a asistencia ás distintas videoaulas é limitada. Confirmarémosche a túa praza enviando un correo electrónico ao enderezo que indiques no formulario, desde a conta implantacion-axe.amtega@xunta.gal.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras