viernes, 23 de febrero de 2024

Aclaración da Dirección Xeral á eliminación de prazas de promoción interna

STAJ púxose en contacto coa Dirección Xeral de Xustiza para pedir aclaracións polo sucedido coa eliminación de prazas para a promoción interna de Xestión. Dende STAJ sorprendeunos número de prazas convocadas porque xa tiveron problemas para conseguir as 96 prazas do turno libre, de feito tiñan que esperar a ver as prazas desertas que quedaban neste concurso para poder axustar todo. Segundo a Dirección Xeral de Xustiza, o Ministerio de Xustiza asume que cometeu un erro á hora de asignar as prazas de Galicia e que non era posible convocar as 47. 

Dende STAJ esiximos un mínimo de responsabilidade, cordura, entendemento e comunicación entre o Ministerio de as Comunidades Autónomas para que esto non volva suceder, dado que é a segunda vez nuns meses que teñen que eliminar prazas (as anteriores foron no concurso de traslados de 2023) por non ser capaces de comunicarse entre eles. 

Aclaramos que se pode modificar a instancia ata o prazo de fin de convocatoria sen ter que pagar unha nova taxa, hai que entrar e modificalas sen máis.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras