Hoxe publícanse na Intranet novas datas para asistir á actividade "Reforzo da AXE 2023/2024" para os órganos xudiciais e as oficinas fiscais de Galicia. As sesións impartiranse en formato de videoaula en directo con 2 horas de duración. O obxectivo desta capacitación é reforzar os coñecementos sobre a Administración Xudicial Electrónica (AXE) e repasar boas prácticas no eido do expediente xudicial electrónico.
Podedes inscribirvos dende o enlace que aparece na noticia publicada na intranet hoxe, 8 de xaneiro.