miércoles, 10 de enero de 2024

EGAP: publicación do plan de formación 2024

No día de hoxe publícase o Plan de formación continua da EGAP onde se recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa incorporación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.

A oferta que conforma o plan para 2024 combina as modalidades de teleformación, telepresencia, autoformación e docencia presencial, ao obxecto de que o conxunto do persoal empregado público poida optar por aquela ou aquelas que mellor se adapten ás súas necesidades específicas. O reforzo das modalidades baseadas nos medios telemáticos, ademais de resultar fundamental debido aos cambios sociais e tecnolóxicos nos que se atopa inmersa a sociedade, posibilita que o alumnado poida acceder con maior facilidade aos contidos máis demandados e, así mesmo, facilita o acceso á formación, ao favorecer a organización e distribución dos tempos de conformidade coas necesidades de cada persoa, contribuíndo, deste xeito, decisivamente a promover a conciliación por parte do persoal empregado público

Con posterioridade publicarase a convocatoria coas datas de solicitude dos distintos cursos.

Entre eles destacamos os seguintes.









Ver resolución DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras