STAJ leva meses pedindo a nova apertura da traxectoria profesional para os compañeiros/as que non cumprian os requisitos ou non estaban destinados en Galicia no momento das convocatorias anteriores, dende a DXX sempre nos trasladaron a súa intención de abrir prazo para a solicitude da traxectoria profesional, unha vez se abrise para os funcionarios autonómicos. Pois ben, a raíz da noticia da próxima apertura da traxectoria profesional os funcionarios da Xunta, dende a DXX nos confirman que estan en negociación con Función Pública, e que cren posible que en breve se poida abrir de novo o acceso extraordinario aos graos I e II para aquelas persoas que non cumprían os requisitos nas pasadas convocatorias e agora sí, tanto titulares como interinos.
Quedamos a espera de que desde DXX nos convoquen para tratar a traxectoria no ámbito da da Admnistración de Xustiza en Galicia e dende STAJ imos a solicitar que os méritos, cursos e antigüidade se referencien aos conseguidos ou obtidos o último día de prazo de solicitudes, pra que ninguen quede fora por uns dias ou semanas si se referenciaran a 31 de decembro deste ano, tamén imos pedir que se manteña aberto o prazo ata a toma de posesión dos que veñan de fora de Galicia no concurso de trasldos de este ano, para que se poida beneficiar tamén si cumplen cos requisitos.
Por todo isto, no ano 2024 poderase solicitar (aqueles funcionarios que reunan os requisitos) o grado extraordinario 1 e 2 da traxectoria profesional.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras