Saíu publicada na intranet e na
web da Consellería a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se
convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de
substitución.
PRAZO
DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de
solicitudes será de tres 3 días hábiles
desde o día seguinte ao da publicación.
Modelo
de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán completar
obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible
na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web
opax.xunta.es
O persoal funcionario que na data
da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos
ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de
seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.