lunes, 20 de noviembre de 2023

TELETRABALLO. XUNTANZA CO SECRETARIO DE GOBIERNO.



TELETRABALLO. XUNTANZA CO SECRETARIO DE GOBIERNO.

No día de hoxe, 20.11.2023, todas as organizacións sindicais, (SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO), mantivemos unha xuntanza co secretario de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Juan José Martín Álvarez. Na mesma manifestamolle a problemática xa coñecida sobre o fin do teletraballo, pedíndolle unha interlocución, cos letrados da administración de xustiza e coa Dirección Xeral para facerlle entender a esta última que ten capacidade dabondo para regular o teletraballo en Galicia. 
O Secretario de Goberno manifestou, dentro do ámbito das súas competencias, o bo resultado que viña amosando o traballo a distancia, expoñendo que non ten facultades máis alá do corpo de Laxs, do cal é superior xerárquico na CCAA, como ben sabedes. Dentro da liña de actuación, que xa coñecíamos da súa etapa como Director Xeral, máis alá de boas palabras, non houbo forma de conseguir a emisión dunha circular para que, lles aclare os LAXs que non son eles os que autorizan o traballo a distancia, senon que esa e unha competencia da Dirección Xeral. 
A continuación tivo lugar unha rolda de prensa na que lles expuxemos aos medios a situación de discriminación na que nos atopamos as traballadoras e os traballadores da administración de xustiza con respecto ao persoal da Administración Xeral do Estado, a Administración Xeral da Xunta de Galicia e incluso doutras administracións autonómicas coas competencias en xustiza, transferidas. 

A 20 de novembro de 2023.

Asinado as OOSS


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras