No día de hoxe, tódalas organizacións sindicais en unidade de acción (SPJ- USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF, CIG e CCOO) decidimos dar unha resposta unánime e contundente a unha Direcion Xeral que non foi quen de arranxar unha situación de alegalidade e inseguridade xurídica que perxudica a moitos/as traballadores da Xustiza galega e non beneficia a ninguen, nin xiquera a ciudadanía.
Lonxe de aceptar a proposta de todalas organizacións
sindicais para que o dereito o
traballo a distancia quedase plenamente garantido, remitiunos unha proposta que
afonda na zozobra e na alegalidade, acordando únicamente pedir informes a
Asesoría Xurídica da Xunta e o Ministerio para tentar dilucidar sobre a sua
propia competencia e agochar o problema. Todalas organizacións sindicais temos
meridianamente claro que a competencia é da Consellería e da Direción Xeral,
porque así o recolle distinta normativa, como o decreto
de traspaso de competencias, o art. 47.2 do Trebep ou a LOPJ, entre outros. Polo tanto, consideramos que non
é de recibo tentar excusarse nunha
suposta incompetencia obxectiva ou territorial para mirar cara outro lado e que
sexa outro o que solvente o problema.
Ante tal situación,
acordamos unha serie de medidas a levar a cabo nos próximos días, primeiramente cunha carta o Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
solicitando unha reunión urxente para acadar un acordo que dea resposta as
necesidades do persoal de xustiza que realiza esa modalidade de traballo. Solicitaremos
tamén unha reunión a maior brevidade co Secretario de Goberno do TSJ, así como
con Función Pública.
Por último, pero
non menos importante, tentaremos
difundir as nosas lexítimas reclamacións nos medios de comunicación a fin de
que a cidadanía saiba que a eficacia do traballo a distancia redunda nunha
maior celeridade e resposta máis axil as
súas demandas, e que no supon ningún privilexio, senon que é un xeito de que os
seus dereitos se vexan máis protexidos. Daremosvos cumprida
información segundo vaiamos avanzando e celebrando as
distintas reunión.