jueves, 2 de noviembre de 2023

MESA DE FORMACIÓN PARA O ANO 2024

Hoxe, tivo lugar a Mesa de Formación entre a Administración de Xustiza e as organizacións sindicais. Segundo a información que nos trasladou a Dirección Xeral de Xustiza, pasámosvos a resumir a proposta formativa para o ano 2024:

A DXX comeza comentando que respecto a os cursos de linguaxe xurídica media e superior tanto para xente destinada en Galicia como fóra dela, está ao corrente da problemática existente respecto ao baixo número de prazas e edicións ofertadas en relación á alta taxa de demanda destes cursos, e que mantivo contactos coa Egap e Política Lingüística para conseguir máis edicións, explicando que o problema radica na existencia dunha sentenza que impide a contratación de máis profesorado específico nas bolsas de traballo. Doutra banda, está a traballarse nun convenio a catro bandas entre o Centro de Estudos Xurídicos, a Egap, Política Lingüística e a DXX para a ampliación da impartición destes cursos de galego.

1.-Van repetir todas as edicións dos cursos cun cociente de demanda no ano 2023 superior a 1, e eliminar aqueles que non cheguen a esta taxa. Ampliando ou reducindo o número de edicións nalgúns deles.

2.-A oferta formativa do corpo de Médicos Forenses modificarase en 2 novos cursos a pedimento da directora do Imelga, mantendo os de maior cociente.

3.-Van manter o curso de Ferramentas do teletraballo.

4.-Darannos traslado da planificación dos cursos en materias transversais que se realizan para todas as administracións conxuntas, considerándoa unha formación complementaria ao ámbito específico de xustiza.

NOVOS CURSOS:

-Cursos sobre os malos tratos.

-Novo curso xurídico de Rexistro Civil.

-Formación no ámbito do Ministerio Fiscal para persoal destinado nas Fiscalías.

Por parte do STAJ volvemos reiterar:

-Cursos de contido referido ao réxime disciplinario e ao acoso laboral.

-Cursos ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente gratuita. Por parte da DXX, soamente comprométense a facer un estudo sobre a súa viabilidade así como económico. STAJ seguirá insistindo en demandar esta formación de oposicións que se imparte noutros territorios.

-Cursos sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor. 

-Os cursos de linguaxe xurídico e linguaxe  administrativo galego deberán ampliarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados fóra dela.

-CURSOS DE IDIOMAS, (inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza, dado que o número de prazas e edicións ofertadas para toda a Administración pública de Galicia é do todo insuficiente.

-Curso práctico de primeiros auxilios (Uso de desfibriladores, Simulacros contra incendios). Neste punto, a DXX indícanos que estes cursos son competencia do Servizo de Prevención e non da EGAP.

Dentro duns días darannos traslado das propostas de formación definitivas para o ano 2024 en función ás alegacións realizadas polas organizacións sindicais no día de hoxe.

Seguirémosvos informando.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras