A Dirección Xeral de Xustiza convócanos a STAJ e ás distintas organizacións sindicais representadas na mesa a unha reunión coa finalidade de aclarar a aplicación en Galicia da Circular Informativa da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza sobre o cese das medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da Lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativa para facer fronte á COVID-19 no ámbito da Administración de Xustiza publicada o pasado venres 27 de outubro.
A data fixada para a reunión de traballo é o próximo día 8 de novembro ás 11:00 horas na sala de xuntas da Dirección Xeral de Xustiza na EGAP.
Seguirémosvos informando.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras