lunes, 16 de octubre de 2023

Oferta prazas oposición auxilio xudicial

Hoxe publícase no DOG e BOE a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.

As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, na rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

a) No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo dos órganos xudiciais ofertados, indicando o órgano, a función, a localidade e a provincia. Coa soa petición dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas ofertadas nel.

b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.

c) De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das relacionadas na súa instancia por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.

Non se poderá anular nin modificar a solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas.

A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso consonte a orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos, observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente, no prazo de dous meses, ambos os prazos contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

DOG













ORDEN AUXILIO 20 9 2023.pdf

ANEXO I AUXILIO.pdf

MANUAL_USUARIO_ASISTENTE.pdf


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras