Hoxe convócase no DOG a xornada que se impartirá na sede da EGAP en Santiago de Compostela de xeito presencial o martes 10 de outubro de 2023 en horario de mañá e tarde (7 horas lectivas). Convócanse 50 prazas
Abordará os seguintes contidos:
• Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.
• Notificacións por comparecencia.
• Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
• Sede electrónica.
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo (https://egap.xunta.gal/matricula/). As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación
O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do
primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as
23.59 horas do día 5 de outubro de 2023
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras