STAJ mandou a Dirección Xeral de Xustiza a seguinte solicitude para que se convoque o acceso ordinaario á traxectoria profesional e un novo acceso extraordinario ao grao I.
Tralo
compromiso da Dirección Xeral na última
reunión mantida a finais do ano pasado e o disposto na propia resolución
dictada para a apertura do aceso extraordinario ao segundo grao da traxectoria
profesional, a negociación da bases, requisitos e condicións para apertura do
acceso ordinario a traxectoria profesional debería estar rematada no prazo de seis meses dende a sinatura do
acordo de 28 de outubro de 2022 que regula o acceso extraordinario ao grao II.
Xa
estamos na segunda a finais de setembro, catro meses por riba do prazo, e aínda
non se non convocou á Comisión de Seguimento, da que forma parte este sindicato
como asinante do Acordo.
Consideramos
dende STAJ que en paralelo a negociación das bases, condicións e requisitos
para o acceso polo sistema ordinario, é
necesario negocia e abrir un novo acceso extraordinario ao grao I, para que
aqueles/as funcionarios/as titulares. interinos ou en comisión de servizos que non estaban o ano pasado destinados en Galicia e
agora sí, que o ano pasado non cumprían os requisitos de antigúidade e/ou os
criterios de evaluación a agora sí, poidan acceder a traxectoria
profesional por o grao extraorinario e non se vexan obrigados a acceder polo
grao ordinario que é moito mais gravoso para os funcionarios/as, tanto para
cumprir os criterios de evaluación como na exixencia dun maior tempo de
permanencia no grao anterior para acceder ao superior.
Tralo o exposto SOLICITO a Dirección Xeral de Xustiza que se convoque a Comisión de Seguimento do Acordo para tratar o acceso ordinario á traxectoria profesional e a posibilidade deacceso extraordinario ao grao I para aqueles funcionarios/as que cumprindo os requisitos e os criterios de evaluación nestes intres, non puideron solicitar acceso mediante o sistema extraordinario por as razóns anteditas