lunes, 25 de septiembre de 2023

Substitucións entre titulares: adxudicación definitiva

Hoxe publicase, tanto en intranet coma na páxina web da Consellería Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución convocada o día 19/09/2023.

A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución.

A renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico ás persoas adxudicatarias, sendo comunicados a súa vez aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.
   

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras