Saíu publicada a Resolución da
Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión
temporal mediante o sistema de substitución.
PRAZO
DE SOLICITUDES:
O prazo de presentación de
solicitudes será de tres 3 días hábiles desde o día seguinte ao da
publicación. (23, 26 e 27 de xuño).
Modelo
de solicitude: Todas as persoas solicitantes deberán
completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico
dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de xustiza (OPAX),
no sitio web https://opax.xunta.es
As prazas ofértanse conxuntamente
para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa
normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario
de carreira dos corpos xerais que estean en situación de servizo activo.
O persoal funcionario que na data
da respectiva convocatoria estea a desempeñar un posto en comisión de servizos
ou substitución poderá participar na dita convocatoria sempre que leve máis de
seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.