viernes, 2 de junio de 2023

Comisións de servizo: novos postos ofertados

Hoxe publícase na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo) a resolución pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.


 SOLICITUDES TELEMÁTICAS NO PRAZO DE 5 DIAS HÁBILES.

 

Solicitantes:


 O persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.


No caso dos funcionarios que estivesen desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución na data de publicación, poderá participar na convocatoria sempre que leven máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.


 Prazo e modelo para presentar ás solicitudes: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación.

 

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución de 21/3/2022

 

Coa solicitude débese adxuntar o informe do superior funcional, así como no seu caso, informe do órgano competente da Comunidade respectiva ou do Ministerio de Xustiza.


Resolución das comisións de servizo





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras