viernes, 2 de junio de 2023

Presuntas irregularidades nas eleccións sindicais en Pontevedra. STAJ estudiará as accións a tomar.

DESMENTIMOS a información anónima que se está a divulgar por whatssap e grupos de difución onde se asegura que STAJ xunto á Cig e Csif denunciaron en fiscalía as presuntas irregularidades QUE SE COMETERON NA SOLICITUDE DE VOTO POR CORREO, na provincia de Pontevedra, ao ser depositadas 46 solicitudes, sen poder bastante, en dous días e en minutos consecutivos da mesma hora nunha oficina de Correos de Redondela, concretamente en Chapela, afectando todas elas ao mesmo sindicato e sendo gran parte desas solicitudes de funcionarios/as que nin viven nin traballan nesa localidade, polo que xorde a sospeita que se presentaron por unha mesma persoa. Estamos a tratar de pescudar se esas irregularidades, nunca vistas, esténdense a máis provincias de Galicia.

Ante estes FEITOS graves sobran as PALABRAS, polo que STAJ esta valorando que accións legais tomar contra esa acción que vulnera a lei electoral e que pode incorrer nun presunto intento de fraude electoral, pero ata este momento non activamos ningnha. Ese mesmo sindicato, tamén se viu envolto nunha polémica grave na presentación das súas candidaturas na Coruña, polo que procederemos a examinar todo con calma e tomaranse as medidas xudiciais que fosen oportunas e necesarias.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras