martes, 13 de junio de 2023

EGAP: Curso superior de Administración electrónica

A Escola Galega de Administración Pública publica no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que convoca o Curso superior de Administración electrónica.

Obxectivos do curso:

Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade.

Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos de informática e do réxime xurídico da administración dixital.

Persoas destinatarias: O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local e da Administración de xustiza.

Datas: Desde o 12 de setembro ata o 24 de outubro de 2023.

Inscrición: As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras