O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordou onte o
proxecto básico e de execución das obras de construción do novo edificio
xudicial da Estrada co alcalde da vila, José López, o delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, Luís López, e o arquitecto Víctor Manuel López Puga, cuxo
estudo foi adxudicatario en abril de 2021 do servizo de redacción do proxecto
básico e de execución dos traballos.
O proxecto puido ser revisado e elaborado de novo para
axustase á crise de subministración de materiais e ás especificidades da futura
Lei de eficiencia organizativa, conseguindo un maior aproveitamento e
funcionalidade do inmoble, unha máxima eficiencia y sustentabilidade das súas
instalacións e mellor accesibilidade de todas as persoas que acudan á sede
xudicial. Ademais, ambos os xulgados van estar nun mesmo andar. Segundo indicou
José Tronchoni, cúmprese así co Plan de Xustiza 2030.
O director xeral de Xustiza apuntou que unha vez analizada a
nova proposta a previsión é proceder á licitación a finais de maio. A duración
estimada dos traballos é dun ano.