viernes, 17 de febrero de 2023

STAJ reitera a solicitude de reforzo para o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos

Con data 27 de decembro de 2022 dende este sindicato solicitouse  un funcionari@ de reforzo para o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Monforte de Lemos, petición que tamén fixo a  Letrada da Administración de Xustiza de dito xulgado.  Este sindicato e sabedor da necesidade dunha persoa do corpo de xestión procesual e administrativa, xa que este órgano leva o Decanato e Violencia de Xénero, e motivado pola carga de traballo que soporta, ademáis de que o volumen de asuntos que entran neste xulgado vai en aumento e tendo en conta que dito Xulgado ten un funcionari@ menos que o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 2 de Monforte de Lemos.

Por todo isto REITERAMOS dita petición e SOLICITAMOS que se dote a este xulgado con carácter urxente dun/unha funcionario/a de reforzo do corpo de xestión procesual e administrativa (ou no seu defecto un funcionario/a do corpo de tramitación procesual) e que se consolide dito reforzo, xa que como dixemos anteriormente, e un órgano que conta con Decanato e Violencia de Xénero, sendo insuficiente a plantilla da que se dispón actualmente.


ver xustificante da presentación



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras