Acaba de rematar a reunión co Direccion Xeral para chegar a un acordo que regule a proceso do acceso extraordinario, solicitude e concesión dos Grao I e II da traxectoria profesional.
Comunícannos que farán todo o posible para que os atrasos correspondentes ó ano 2022 respecto a tramitadores e auxilios, os paguen no mes de Decembro, salvo que o CIXTEC non puidese facelo por falta de tempo ou medios persoais, nése caso podería ser que pagasen a uns en decembro e outros no mes de xaneiro.
Tamén nos aseguran que os atrasos da suma de 1,5% adicional que aprobou o Goberno para este ano con efectos 1 de xaneiro de 2022, e despois de falar con Facenda cobrarémola na nómina do mes de novembro e a partires de decembro estaría consolidada na nósa nómina.
STAJ vai asinar tamén este Acordo que hoxe nos presentaron mellorado con algunhas das achegas que STAJ pediu engadir ao texto inicial nas alegacións feitas na Mesa do mércores e por escrito enviado o xoves pasado.
Para o ano 2023 o gasto nos distintos graos da traxetoria profesional dos Funcionarios da Adminsitración de Xustiza ascende a mais de 5.700.000 euros, o que supera en máis de seis veces o gasto inicial do ano 2020.
STAJ propuxo estas melloras ao texto que nos mandaron:
.- Que a convocatoria sexa aberta e permanente de cara a poder solicitar a traxectoria en calquera momento que se cumpran os requisitos. E subsidiariamente cada seis meses para que non se teña que agardar anos para poder cobrar tendo os requisitos.
A Dirección Xeral non aceptou esta achega por non ter a conformidade de Función Pública e non estar incorporada nin a Carreira Profesional do Sergas nin a da Administración Xeral da Xunta de Galicia. Eso sí, hai compromiso en poder solicitar mediante convocatoria aberta aos distintos graos da traxectoria mediante o acceso ordinario que se abrirá ao longo do ano 2023.
.- Se a convocatoria non se abrise de xeito permanente, os méritos deben estar referenciados ao o último día do prazo que se determine, non a 31/12/2021 para tramitadores e auxilios e a 31/12/2022 para xestores e médicos forenses como pretende a Xunta.
A Direcion Xeral non aceptou esta achega por entender que os méritos alegados deben ser obtidos con data anterior ao comenzo do cobro dos novos graos,
.- Que si se mantén o prazo por días, se abra ao unisono o prazo para o acceso ao grao II para auxilios tramitadores, xestores e médicos forenses, deixando ata 15 dias hábiles do mes de xaneiro aberto o prazo para estos últimos si se segue referenciando os méritos a 31/12/2022.
Tampouco a Dirección Xeral aceptou esta proposta polo mesmo motivo ca anterior, pero si se comprometeu, en firme, a abrilo segundo grao para médicos forenses e xestores o 2 de febreiro do 2023, pois abrindo en febreiro entende que se pode facilitar a moita xente o proceso de solicitude, xa que durante o mes de xaneiro, moitos collen vacacións e días de asuntos ao longo do mes a que poderia dificultar o proceso.
.- Que se engada no artigo 2 que se aplica a funcionarios “ de carreira e interinos”.
Achega de STAJ aceptada pola Administración e incorporado ao texto.
.- Que se mellore a redacción dos méritos correspondentes as horas de cursos de formación e no referente oa Grao II se engada que os 8 creditos/80 horas son a suma do necesario para o Grao I e para o Grao II.
Achega de STAJ aceptada pola Administración e incorporada ao texto.