miércoles, 23 de noviembre de 2022

Suba adicional do 1,5%. Ditanse instruccións para a confección de nóminas.

ESTA SUBA ADICIONAL SE REFLEXARÁ NA NÓMINA DE NOVEMBRO, tal como nos comunicou a Dirección Xeral de Xustiza.

Hoxe publícase no DOG a ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2022, que asume a suba adicional do 1,5% de tódolos conceptos retributivo, tanto fixos como complementarios, que de devindicaron durante o ano 2022 para todo o persoal da Xunta de Galicia e da Administración de Xutixa en Galicia .

As retribucións do persoal do sector público autonómico experimentarán un incremento adicional do 1,5 por cento respecto das vixentes en 31 de decembro de 2021.

Este incremento adicional aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2022 e calcularase sobre as retribucións vixentes en 31 de decembro de 2021, de maneira que a suma deste incremento adicional do 1,5 por cento e do xa previsto na Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, consolidará, en todo caso, un incremento retributivo global máximo para o exercicio 2022 do 3,5 por cento.

VER DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras