En relación ao anterior propoñemos:
-. Formación practica e previa á implantación aos funcionarios/as de todos e cada un dos xulgados de Galicia e durante a xornada laboral, se non fose posible antes do 1 de septembro, que o dúbidamos, que se susupenda a data ata que se forme a todólos funcionarios/as.
-. Mellora dos medios de escaneo (máis escáneres, máis potentes e rápidos).
-. Mellora dos sistemas procesuais: reducir os pasos manuais que ten que facer o funcionario á mínima expresión no relativo á itineración de procedementos, facilitar que os NIG asignados absorban todo o derivado dese procedemento de forma automática.
-. Integración total de Minerva cos demáis sistemas TIC aplicables á xustiza.
-. Que dende a Dirección Xeral de Xustiza se solicite ao Consello Xeral do Poder Xudicial, a Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Secretaria de Goberno do TSXG, Fiscalía Superior do TSXG para que se dicten as ordes e instruccións pertinentes para obrigar a utlización completa do medios electrónicos e do expediente dixital segundo a Ley 18/2011, de 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías e da información e da comunicación na Administración de Xustiza a todos os axentes implicados neste cambio, non só para o persoal dos corpos xerais das oficinas, esa obriga debe incluir aos LAJ, tamén aos Fiscais, Xuices e Maxistrados, corpos nos aínda quedan algunhas persoas que obrigan aos funcionarios a imprimir os expedientes en papel e seguen facendo resolucións manuscritas.
Ver xustificante da solicitude enviada á DXXSTAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras