jueves, 23 de junio de 2022

EGAP: curso sobre o Dereito da Unión Europea.

Hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O curso que se destina ao persoal de xustiza é o seguinte:

Curso FC22225

Denominación: Competencia e dereito da Unión Europea. a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Prazas  50     Duración 25  horas  con aproveitamento

Destinado a : Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Teleformación  inicio  3.10.20 finalización o 28.10.2022

Exame  o día 3.11.2022 as 19.00 horas

Ver a Resolución da EGAP e a convocatoria no DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras