Saíu publicada, con data 07/04/22 a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.
Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación dapresente resolución (8, 11 e 12 de abril del 2022).
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras