Dende STAJ Galicia non reproducimos de forma directa no noso blog listados que conteñan datos personais, aínda que solo se trate do nome e os apelidos. Dende hai tempo STAJ non colga de xeito directo, previa descarga, ningún listados con datos personais que se publique nos diarios oficiais, nas webs da Xunta ou do Ministerio nin na Intranet, e moito menos facemos e pubicamos listados propios en base a datos que publican os órganos correspondentes da Administración competente, pois ningún sindicato cumpre os requisitos para poder facer legalmente nin unha cousa nin outra.
O que si facemos dende STAJ é poñer enlace ao diario oficial ou web correspondente, sen descargar e publicar directamente eses listados, pois vulnera a Lei de Protección de Datos ao entenderse que se publican por unha entidade que non ten permiso nin lexitimidade, nin pode alegar finalidade pública algunha, pois xa foi publicada pola Administración competente polas súas canles oficiais e accesibles aos interesados.
No caso das publicacións con datos personais que se fan a través da intranet de xustiza, como as adxudicacións das substitucións, o que facemos é poñer as iniciais das personas adxudicatarias, desta maneira garantizamos o dereito a protección de datos sen merma da información, xa que todos vos tendes acceso ás listaxes na intranet dende o posto de traballo, e non é necesario vulnerar a Lei para dar unha información que está ao voso alcance de xeito legal.
Os datos personais non poden manexarse e publicarse, fora da canle oficial, ao antoxo e polo interés de ninguén, STAJ Galicia é, a vai seguir sendo, cuidadoso cos vosos datos personais, incluso cos mais básicos, e non publicaremos de xeito directo no blog ningún listaxe, nin faremos listaxes propios en base a outros publicados oficialmente polo órgano ompetente da Administración porque é ilegal, tan solo poñeremos enlace a web ou diario oficial.
STAJ asesorarà aos afiliados que vexan vulnerado o seu dereito a protección dos datos personais, e presentará as accións pertinentes ante as autoridades competentes para a retirada desas publicacións ilegais e a imposición ò infractor da sanción pertinente, que como sabedes poden chegar ata 300.000 euros.
Deixamos a reposta que diu a Agencia de Protección de Datos a unha consulta realizada por STAJ Galicia sobre a publicación directa no blog das listaxes con datos personais, quedando claro que non se pode de ningunha maneira proceder dese xeito.