No DOG de hoxe publícase a Resolución
do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións
territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público
da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos
(PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Cómpre ter en conta que o
acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de
avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as
persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a un certificado
de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.
A
inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir
do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia.
Poderase acceder aos ditos
contidos na aula virtual da EGAP a partir do día seguinte ao da publicación
desta resolución no DOG e ata o 20 de decembro de 2022, agás para os contidos
sobre a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de
apoio á reactivación económica de Galicia, que estarán dispoñibles a partir do
1 de xullo de 2022, e os contidos sobre acción exterior das administracións
públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior
e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e sobre a Lei 5/2021, do 2
de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, que estarán dispoñibles a partir
do día 1 de outubro de 2022.
Cada persoa determinará
libremente o número de actividades nas que queira inscribirse e mais o período
durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de
autoformación elixidas.
Probas
de avaliación das actividades do Programa de autoformación
Solicitudes
de participación:
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de maio de
2022.
2. As solicitudes de
participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o
formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde
as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata
as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse
presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa
de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de
solicitudes limítase a cinco.