lunes, 18 de abril de 2022

Convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde

A Dirección Xeral de Xustiza, convócanos para a celebración, a través do sistema de videoconferencia, do Comité de Seguridade e Saúde, na seguinte data e hora indicados:

 

Data:   21/04/2022


Hora:   10:30 h

 

 

Orde do día:

 

  1. Proposta de Protocolo de acoso laboral e outras condutas discriminatorias
  2. Información datos COVID 19
  3. Dotación de desfibriladores nas unidades xudiciais
  4. Información Cidade da Xustiza de Vigo

Xunto coa presente convocatoria, achégase información respecto de:

 

  • Acta da sesión do 16/07/2021.
  • Borrador de Protocolo de acoso e outras condutas discriminatorias
  • Programación de actividades de prevención de riscos laborais para o 2022
  • Avaliación de riscos, plans de acción e medidas emerxencia (dende agosto 2021)
  • Adaptacións de postos e adscricións por motivos de saúde (dende agosto 2021)
  • Accidentes de traballo e enfermidades profesionais (dende agosto 2021)

 


Como sabedes STAJ solicitou en multitude de ocasións á Dirección Xeral un acordo cos sindicatos que plasme un Protocolo  fronte o acoso laboral para a Administración de Xustiza de Galicia así como a dotación de desfibriladores nas unidades xudiciais,  e ambas cousas están mais preto de conseguirse.


Ver borrador do protocolo fronte ao acoso laboral


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras