Desde STAJ interesamos á DXX que acorde o necesario a fin de póñanse ao dispor dos xulgados de familia e mixtos os documentos precisos e necesarios para tramitar os procedementos correspondentes á reforma introducida pola Lei 8/2021.
O
3 de xuño de 2021 publicouse a Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a
lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade en
todo o referente ao exercicio da súa capacidade xurídica.
Mediante a mesma prodúcese unha modificación
integral do noso ordenamento xurídico, adecuándoo á Convención Internacional
sobre os dereitos das persoas con discapacidade afectando á LAC, Código Civil,
Lei de Xurisdición Voluntaria, Lei do Notariado, Lei do Rexistro Civil, Lei Hipotecaria e Código penal entre outras.
Modifícase así mesmo a terminoloxía xurídica
desaparecendo termos como “incapaz”
e “ incapacitado” ao eliminarse a
incapacitación xudicial .A nova Lei fala de “ persoas con discapacidade”
desaparecendo o concepto “discapacitado” e por tanto a supresión das antigas
institucións de protección a persoas con discapacidade .
Desaparecen
as tradicionais institucións de protección como a tutela, a cal só existirá en
relación aos menores que non estean protexidos pola patria potestade, a patria
potestade prorrogada ou rehabilitada e a prodigalidade que pasarán a ter unha
regulación autónoma.
As antigas figuras serán substituídas por : A asistencia, a curatela , o defensor xudicial e o guardador de feito.
A tramitación guiada pódenos levar a mellorar
a produtividade, a eficacia e a eficiencia na administración de xustiza, e, sobre
todo, permitir que nos órganos xudiciais se aforre enerxía, traballo e tempo.
A
tramitación guiada xuntamente cos
documentos non só mostran ao persoal cal é o seguinte paso lóxico a seguir no
asunto en que se estea traballando, senón que achega o modelo de documento legal correspondente para completar o
devandito paso.
Pois, a día de hoxe non existe nin un só documento na tramitación guiada de Minerva, que contemple a modificación lexislativa e procesual antes mencionada. Cada xulgado tenta resolver o problema como pode, perdendo a maioría do tempo en redactar un documento o cal xa debería de constar no programa informático.
A Lei entrou en vigor o 3 de setembro de 2021,
excepto para Minerva, que a descoñece, coa consecuente perda de tempo e esforzo
por parte dos funcionarios que teñen que tramitala.
Xustificante