Publícase no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022, da Direccion Xeral de Xustiza, pola que se establecen criterios para a cobdertura de postoso de traballo mediante comsión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto e ámbito de aplicación:
Esta resolución ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a provisión temporal mediante comisión de servizos en postos de traballo vacantes en órganos, servizos ou unidades da Administración de xustiza cuxa xestión corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia
Esta resolución será de aplicación ao persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza pertencente aos corpos de médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación porcesual e administrativa e auxilio xudicial.
Entrada efectiva en vigor o vindiro luns día 28 de marzo.
Postos susceptibles de seren ocupados por comisión de servizos:
Considérase
praza vacante, para efectos do establecido na presente resolución, aquela
que
estea desocupada polas seguintes causas:
a)
Perda da condición de funcionario/a.
b)
Praza cuxo titular estea en servizos especiais.
c) Excedencia voluntaria por coidado de
familiares.
d)
Excedencia voluntaria por interese particular.
e)
Excedencia voluntaria por agrupación familiar.
f)
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público.
g)
Praza de nova creación.
h)
Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados.
i) Liberación sindical.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras