O próximo mércores día 15 estamos convocados a unha Mesa Sectorial coa dirección Xeral de Xustiza e dentro da orde do día figura a proposta que fai a Admón para consolidar reforzos do Corpo de Tramitación nas fiscalías e nalgúns xulgados que contan con Rexistro Civil e reforzos do Corpo de Auxilio nos Decanatos das sete cidades galegas para atender ás videconferencias.
Tamén pretenden crear novas prazas dos tres corpos en xulgados que consideran infradotados e en dous dos Imelgas, pero destaca a creación con toda a súa dotacion de persoal dos Servizos Comúns de Rexistro e Repartición de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo. Estes servizos tan necesarios solo existen como destino independente do decanato en Pontevedra, e STAJ é o único sindicato que leva loitando por eles dende hai tempo con escritos e solicitudes á DXX á Secretaria, á Sala de Goberno e ao Presidente do TSXG, este logro é de vital importancia para liberar ao persoal dos Servizos Comúns de Apoio que moitos deles están destinados a facer labores de rexistro e repartición e deixan de facer a súa importantísima función de apoio a xulgados con necesidades puntuales de persoal.
Dentro da orde do día propoñen a regulación das Comisións de Servizo, Galicia é a única CCAA que non conta cunha normativa nese eido, STAJ pediu varias veces esa regulación, e ademáis que fose unha norma xenerosa á hora de incluir prazas que poidan ser cubertas por esta modalidade de provisión, máis alo das puras prazas vacantes e desertas, cousa que recolle a proposta da DXX, así como que as prazas que se ofrezan en Comisíon de Servizo deben ser ofrecidas subsidiariamente en substitución, por si non foron adxudicadas na primeira das opcións. Tamén nos satisface que desaparece o requisito de estar seis meses no destino de orixe para poder adxudicar unha Comisión, tal como lle reclamamos.
Proposta de regulación das comisións de servizoOutro punto da orde do día é a información sobre o futuro Protocolo fronte o acoso laboral, que a Dirección Xeral non ten máis remedio que aprobar. Despois do requerimento que lle fixo a Valedora do Pobo, tralas protestas e as queixas que fixemos e os escritos que STAJ mandou dirixidos á DXX ao Comite de Seguridad e Saúde e a multitude de solicitudes orais que fixemos nas reunións dun e outro foro. Estaremos atentos a que sexa un Protocolo adecuado e válido para afrontar con determinación e contundencia as situacións tan duras que se están a vivir na Administración de Xustiza por acoso claro de superiores e tamén entre compañeiros/as.
Como sabedes, xa fai uns anos fixemos un borrador dese posible Protocolo e pasámosllo á DXX para que sirva de base para a negociación pertinente. Somos o único colectivo que non ten un instrumento para loitar contra o acoso no traballo, xa eran horas!!
Outro tema é a posible actualización do CAT para que os xestores poidan estar na posición media dos 13 territorios con competencia en xustiza, é dicir quedar na posición 7ª, cousa que xa chega tarde e deberia revisarse anos antes. Estudiaremos si as cantidades que reflexan no cadro adxunto son as reais e solo afecta a xestores.
Tamén se vai tratar o da traxectoria profesional e o acceso ao segundo grao de tramitadores e auxilios, terán que aclararnos moitas cousas respecto dos méritos que colleron para o primeiro grao e si valen os cursos de galego por separado ou se contan todos coma un, porque non accede xa o personal interino e cando o van a facer e en que condicións, e como se vai a desenrolar o acceso a xente que non solicitou o acceso na anterior convocatoria, ben por que non estaba en Galicia, ben por que non tiña meritos ou antigüidade ou ben porque non o fixo por outro motivo, e que pasa cos que estaban nun corpo e neste tempo ou neste concurso reingresaron noutro, ou están en comisión de servizos noutro posto da Administración, entre outras casuísticas que se dan no colectivo e non estan recollidas na normativa.