jueves, 10 de marzo de 2022

Novos avisos de desocupación de postos para cobertura mediante substitución

Saíu publicada, con data 10/03/2022 a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal destas, procede anunciar a convocatoria para a súa provisión temporal, de acordo co previsto nos artigos quinto e sexto da Resolución do 7 de maio de 2008, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

 Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranetde xustiza.

 As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.

Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.

O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación dapresente resolución  (11, 14, 15 de marzo).


Resolucion publicacion subst.pdf


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras