Dende a Dirección Xeral de Xustiza comunícannos que en principio, despois de pensalo, van a convocar os procesos selectivos de promoción interna tanto de Xestión como de Tramitación, aínda que só hai 2 prazas por corpo.
Acabamos de recibir o seguinte correo electrónico
" O próximo mércores 30, publicaranse no BOE as convocatorias de promoción interna de xestión e tramitación das OPE de 2019, 2020, e 2021. En Galicia convócanse dúas prazas para o corpo de xestión e dúas para o corpo de tramitación."
"Así mesmo infórmase que os listados do proceso de auxilio xudicial 2017-2018 publicaranse o martes 29".
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras