martes, 15 de febrero de 2022

Modificación da normativa sobre substitucións entre titulares

STAJ sempre pediu e mostrouse dacordo con esta modificación, pois non s epode penalizar a quen cumpre co fin da substitución, e pediu que se fixese canto antes, para que poidese beneficiar, entre outros, a aqueles compañeiros que se verán afectados polo concurso de traslados, ben porque cesa oa chegar no concurso o titular ou ben porque co concurso cambia o motivo da substitución e debe cesar na mesma, podendo voltar a pedila de inmediato, si fose o caso .

A Dirección Xeral de Xustiza acábanos de comunicar que mañá está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 7 de febreiro de 2022, da dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitución entre funcionarios ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia, na cal se elimina o requisito de permanecer 6 meses continuados no posto de traballo no caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras