martes, 15 de febrero de 2022

STAJ pide que se amplien as plantillas nos xulgados onde se utiliza persoal do Servizo de Apoio de xeito permanente.


É práctica corrente que os compañeiros do Servizo de Apoio sexan destinados anos e anos nun mesmo xulgado, chegando mesmo nalgúns casos, a superar a década no mesmo destino. A regulación actual e en vigor do persoal de apoio, recolle un prazo de actuación que oscila entre os 3 aos 6 meses de duración da súa labor en cada órgano, sendo claramente, moi inferior ao que vén ocorrendo en moitos casos, determinando, deste xeito, que este persoal non poida acudir a prestar o seus servizos a outros xulgados e oficinas onde tamén son necesarios, e onde nunca ou case nunca estiveron. 

A Dirección Xeral debería saber que cando o que se necesita é un traballador por un tempo permante o problema é estructural, e o correcto sería proceder a unha ampliación de plantilla (inclusive poderíase empregar a figura do persoal interino de reforzo, cando sen ser permanente fose de longa duración, ou como unha solución inmediata para a sua consolidación posterior). O persoal de apoio está pensado, para unha inmediata axuda aos xulgados, unidades, oficinas e servizos comúns, de maneira temporal ou por uns motivos concretos, nn poden eternizarse no mesmo sitio.

Desde STAJ solicitamos á DXX que nos casos, onde os integrantes do Servizo de Apoio leven anos destinados ininterrumpidamente nos mesmos xulgados, oficinas ou servizos e onde se considera que van a ser  necesarios de xeito permanente, se amplie a plantilla por tratarse dunha necesidade estructural, liberando a persoal de apoio para que poida realizar a súa específica labor noutros oficinas, xulgados e servizos onde tamén son necesarios.

 ver o escrito presentado

Xustificante de presentación

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras