martes, 15 de febrero de 2022

EGAP: Actividades de formación continua para persoal de xustiza

No día de hoxe publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2022 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal/

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos a realizar entre o 21 de marzo e o 26 de abril de 2022 na modalidade de teleformación. A data do exame será o 29 de abril as 16,30 horas. (Para o persoal da administración de Xustiza).

Informes periciais e discapacidade en relación coa nova Lei 8/2021, dirixido os médicos forenses do Imelga. A realizar na modalidade de telepresenza o  día 30 de marzo, das 9.30 ás 14.00 h e das 15.30 ás 19.00 h e o día  31 de marzo, das 9.30 ás 14.00 h e das 15.30 ás 18.00 h. A data de exame será o 31.3.2022 17.30 h.

O prazo de solicitude 10 días a partir do seguinte a publicacióndesta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes só poderan realizarse mediante fomulario de matrícula no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula dende as 8.00 horas da data de inicio do prazo ata as 23.55 horas da data de finalización.

VER DOG




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras